martes, 20 de marzo de 2018

O próximo 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía

O próximo 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, o xénero literario dos sentimentos e as emocións por excelencia. Para complementar ás máis habituais lecturas de poemas, estudo de literatos soados ou concursos de poesía, hoxe tentaremos facer un poema visual.

A poesía visual é unha forma experimental non moi coñecida no que a imaxe en si mesma forma parte do poema. Unha forma de poesía non verbal que se move entre a literatura, o deseño ou a arte, e que pode resultar un gran aliado para achegar este xénero a nenos e novos, pola súa frescura e orixinalidade.

Vamos utilizar a ferramenta imagechef

Un exemplo:



xoves, 15 de marzo de 2018

REPASO TEMA 7 LINGUA GALEGA



O conto popular dise que é tan antigo coma a humanidade. Ten algunha característica común coa lenda, aínda que esta última atópase máis ben relacionada cunha persoa ou unha comunidade determinada, cun monumento, un lugar ou un acontecemento cuxa orixe pretende explicar (lendas etimolóxicas). O conto popular caracterízase polo anonimato do autor e pola súa transmisión forma oral, esta ocasiona que o conto sufra modificacións, polo cal se coñecen moitas versións diferentes dun mesmo relato.


Vocabulario: PEZAS DE ROUPA

Pezas de roupa e non prendas de roupa

Abano (abanico)
Anel= sortella

Bastón= caxato

Calcetín= peúgo  
Camiseta= camisola 
Cinto 
Leva de colar de pérolas (collar de perlas)
Cueiros (pañales

O diadema 

Garavata= cravata
e "pajarita" dise gravata de lazo

Lentes= anteollos= gafas
Luva = guantes (vales as dúas formas)

Moedeiro= portamoedas

Pendentes= brincos 

Reloxo 

Saba (peza de roupa da cama)
Sabana (lugar onde viven algúns animais)
Suadoiro (non se di sudadeira)
Sombreiro= chapeu= pucho 
Suxeitador= apertador 
 
Xersei a raias ou a lista


/indumentaria( A ROUPA)

Solucións matemáticas

https://drive.google.com/file/d/1HyoT_PQpw3A6aZcPLcr2GbkAfRER67mE/view?usp=sharing