sábado, 25 de novembro de 2017

Os Bolechas promoven a igualdade en Muros

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista que se conmemora este sábado, a cativada do CEIP Ramón de Artaza de Muros recibiu a nova guía dos Bolechas editada polo Concello para concienciar sobre a igualdade de xénero.

A biblioteca do CEIP Ramón de Artaza de Muros foi hoxe un fervedoiro de actividades. A alcaldesa de Muros, Maria Xosé Alfonso, xunto con dúas representantes do Centro de Información á Muller, Julia e Mari Carmen, agasallaron as nenas e nenos cun exemplar da guía dos Bolechas que editou o CIM co obxectivo de achegarlle ao alumnado a importancia do respecto, da empatía ou da autoconfianza. E, por suposto, para que desde cativos interioricemos que os dereitos, son iguais para todas as persoas, independentemente do sexo, a raza, a posición económica ou a lingua que falen: “Igualiños, igualiños”! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Solucións matemáticas

https://drive.google.com/file/d/1HyoT_PQpw3A6aZcPLcr2GbkAfRER67mE/view?usp=sharing